NOS

A Asociación PuntoGal foi a responsable de preparar, promover e presentar a candidatura para a consecución do dominio .gal

Unha iniciativa orientada a acadar un dominio propio en Internet para a sociedade galega e, a través del, unha maior visibilidade e presenza da sociedade galega, identificada como tal, dentro da Rede.

A Asociación PuntoGal é unha entidade sen ánimo de lucro constituída por entidades de todos os ámbitos da sociedade galega, plural e diversa e será a responsable da xestión do dominio .gal . Os ingresos producidos pola xestión do rexistro dedicaranse ao mantemento do dominio e no caso de se produciren beneficios serán reinvestidos en fomentar a lingua e a cultura galegas no ámbito das novas tecnoloxías.