HISTORIA

2006

Formación da promotora

Xuño 4, 2006

Un grupo de traballo organizouse como Promotora para constituír a Asociación PuntoGal.
2006

Asemblea de Constitución

Xuño 10, 2006

Asemblea de Constitución
A Asociación PuntoGal constituíuse tras varios meses de traballo por parte dunha Promotora formada por varias entidades representativas da cultura e sociedade galegas.
2007

Premio Xoan Manoel Pintos

Outubro 29, 2007

Premio Xoan Manoel Pintos
Entregado polo concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua
2008

Xuventude Galiza Net

Marzo 17, 2008

Xuventude Galiza Net
A Asociación PuntoGal consegue máis de 700 apoios durante unha LAN Party en Santiago de Compostela. Xa no mes de setembro teríanse superado as 9.000 adhesións individuais.
2012

Presentación da candidatura

Maio 29, 2012

Presentación da candidatura
Tras unha longa espera, finalmente a Asociación PuntoGal puido presentar a súa candidatura para solicitar un dominio para a lingua e a cultura galegas.
2013

ICANN aproba o dominio para a lingua e a cultura galegas

Xuño 14, 2013

ICANN aproba o dominio para a lingua e a cultura galegas
Tras superar os requisitos impostos pola ICANN, a Asociación PuntoGal consegue a aprobación do dominio .gal.
2013

Premio do CPEIG

Outubro 5, 2013

Premio do CPEIG
O Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia concede unha mención especial á Asociación PuntoGal nos seus premios anuais.
2013

Sinatura do contrato

Novembro 11, 2013

A Asociación PuntoGal asinou con ICANN o contrato de creación do dominio .gal.
2013

Premio San Martiño de Normalización Lingüística

Novembro 14, 2013

Premio San Martiño de Normalización Lingüística
A Asociación PuntoGal recibe o premio San Martiño de Normalización Lingüística na categoría de Galicia Enteira que foi entregado pola Asociación Cultural o Brado de A Estrada.
2013

Premios da Cultura Galega

Decembro 12, 2013

Premios da Cultura Galega
A Asociación PuntoGal recibiu o Premio da Cultura Galega de Lingua.
2014

Delegación do dominio

Abril 11, 2014

Delegación do dominio
ICANN delegou finalmente o dominio .gal, de xeito que a Asociación PuntoGal converteuse nun operador de dominio de feito.
2014

Dominio.gal

Maio 16, 2014

Dominio.gal
Preséntase en sociedade a primeira páxina web creada baixo o dominio .gal.
2014

Pioneiros .gal

Xullo 22, 2014

Pioneiros .gal
Danse a coñecer os primeiros 93 dominios que e activarán baixo o sufixo .gal.
2014

Fase de Lanzamento

Setembro 16, 2014

Fase de Lanzamento
Presentación da Fase de Lanzamento de .Gal na Real Academia da Lingua Galega.
2014

Anuncio da fase aberta

Novembro 27, 2014

Anuncio da fase aberta
Anúnciase a apertura da Fase Aberta para o rexistro de dominios.gal nun acto celebrado na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo.
2014

Inicio da fase aberta

Decembro 2, 2014

Ábrese o rexistro de dominios .gal para o público xeral.
2014

Premio Manuel Beiras

Decembro 11, 2014

Premio Manuel Beiras
Distinción Especial á Asociación PuntoGal da Camara de Comercio de Santiago de Compostela
2015

Socio de Honra

Setembro 25, 2015

Socio de Honra
Socio de Honra da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.