Conta con máis de 44.000 rexistros Hai 5 anos que a ICANN aprobou a creación do .cat, o primeiro e único dominio de Internet concedido, ata o momento, a unha lingua e unha cultura e que, tras cinco anos de existencia, conta ca xon máis de 44.000 rexistros, informa a Fundación puntCAT. A Fundación puntCAT, entidade sen ánimo de lucro encargada da súa xestión, celebra o quinto aniversario do .cat satisfeita coa boa marcha do dominio. Jordi Iparraguirre, director da Fundación puntCAT, salienta o “doble éxito do .cat, tanto polo uso que fai á sociedade á que serve e da cal naceu, como pola boa xestión que facemos desde a nosa fundación e que foi recoñecida reiteradamente nos diferentes foros internacionas de Internet”. O dominio, con máis de 44.000 rexistros a día de hoxe, conta cunha porcentaxe de renovación do 85% aproximadamente, por riba da media do sector. Pero, para a fundación, o máis importante é a visibilidade que a comunidade de falantes de catalán dá ao dominio. Segundo indica Iparraguirre, \”cada día vemos dominios .cat pola rúa e nos medios de comunicación, feito que indica a naturalidade coa que o dominio se ten instalado nas nosas vidas E non só porque o utlizamos nós mesmos, senón tamén pola noramlidade coa que empresas estranxeiras usan o .cat para dirixirse á nosa comunida\”. É o caso de multinacionais como Microsoft, Google ou Decathlon, que utlizan páxinas .cat para dirixir especificamente os seus produtos e servizos á comunidade lingüística catalá Outra das aportacións que o .cat vén facilitando á comunidade é o aumento de documentos en catalán na rede, demostrándose que gran parte dos particulares que teñe un .cat non tiñan subido nunca contidos en Internet ata a aparición do . A experencia positiva destes cinco anos de .cat en Internet, axudando ao catalán a gañarse un lugar na rede, tamén como lingua de comunicación de multinacionais, fai que outrascomunidades sigan os pasos do dominio catalán e traballen apra conseguir un dominio propio para as súas culturas, como é o caso do .gal para a comunidade cultural e lingüística galega. Ademais, a Fundación puntCAT traballa desde hai uns meses na campaña \”Navega en Català\”, a través da que, xunto con máis de cen webs voluntarias, conciencian aos usuarios de Internet sobre a importancia de configurar o catalán, lingua propia, como lingua preferida do navegador.