25 de abril de 2019.- Hoxe celébrase o Día Internacional das rapazas nas TIC e no CESGA cunha variedade de actividades e contaron coa presenza do presidente de PuntoGal. Entre elas deronse a coñecer as ideas gañadoras do concurso #ApuntasTech, do que PuntoGal é este ano un dos patrocinadores.

Entre os actos houbo un coloquio cos centros educativos coa visión e experiencia de catro mulleres que traballan, emprenden e investigan empregando as TIC: Pilar Vila, Sonia Valladares Rodríguez, Mercedes García Rodríguez e Leticia Faria de Pazos.

Resultaron gañadores os seguintes traballos: na categoría de Primaria, Unha nova impresión para a nosa viaxe (da man de 6 alumnas e alumnos de 6º de Primaria do CPI Plurilingüe de Vedra); na categoría de Secundaria, +Tinkering Apuntastech (da man de alumnado de 3º da ESO D do IES Monte das Moas da Coruña); en Centros Educativos Girls & STEM (primeiro premio, da man de Patricia Hermida, profesora do IES de Ortigueira) e Tócala otra vez Ada (segundo premio, da man de Conchi Fernández Munín, profesora do IES Monte das Moas da Coruña); e na categoría Libre obtivo o primeiro premio Telegal (de Ana Armada de Telemática Galicia). Ademais foi obxecto dun primeiro accésit o proxecto Recoñéceas, do alumnado de terceiro da ESO B do IES de Brión, na modalidade de Secundaria. A maiores, o proxecto Pequenos códigos para as nosas pequenas (de Jorge Rascado, profesor do CPI Pecalama de Tordoia) recibiu un accésit primeiro na categoría de centros educativos. Nesta mesma modalidade, Coñecendo ás vedresas (de Yolanda Neira, profesora do CPI de Vedra) foi obxecto dun accésit segundo. Na categoría Libre, Geometría Fractal (Sergio Cepeda de Proxecto FractalFun) obtivo o accésit primeiro. O CPI O Cruce recibiu unha mención especial por ser o centro que máis propostas enviou nas diferentes categorías.

Máis info: http://ictgogirls.eu/gl/dia-de-las-chicas-en-las-tic/  https://codigocero.com/Centros-de-Vedra-A-Coruna-Brion-Ortigueira-e-Tordoia-imponense-en-ApuntasTech