A Coruña, 2 de abril de 2020.- Obrigadas pola crise sanitaria, moitas empresas tiveron que optar polo traballo. PuntoGal, como xestora do dominio .gal, tamén.

Hai moitos elementos a ter en conta coa seguridade no traballo, pero no caso do tele traballo hai que ter máis ollo. Estamos máis expostos á perda de datos ao ter que desprazar os nosos equipos informáticos de traballo e conectarnos a redes domésticas. Para iso facemos eco das informacións que en varias webs e medios están a divulgar sobre este tema.

Que é o primeiro que temos que ter en conta cando nos enfrentamos ao teletraballo? Na páxina do Centro de Criptoloxía Nacional atopamos unha serie de consellos á hora de enfrontar o tele traballo así nesta ligazón https://www.ccn.cni.es/index.php/es/docman/documentos-publicos/205-ciberconsejos-consejoscibercovid19/file vemos as seguintes recomendacións:

-actualizar o sistema operativo – protexer o ordenador cun antivirus -comprobar que tes os programas actualizados -non uses a mesma conexión para acceder a equipos remotos que para asuntos persoais -organizar reunións a distancia e vixía que so accedan usuarios autorizados -utilizar VPN que proporcione a túa empresa ou organización – se recibes mails sobre a COVID-19 ten en conta que ningunha organización oficial vai usar ese medio -activa a visualización das extensións dos ficheiros para evitar executar código daniño – verifica as extensións dos arquivos que veñen xunto cos correos – fai copias de seguridade periódicas

Como ben explican no vídeo de youtube a xente de Exceltic, hai que diferenciar entre o uso persoal e laboral dos nosos equipos informáticos. Entre as pautas de seguridade básica están as que xa recomenda o CCN, as de actualizar os nosos sistemas operativos, ter os antivirus ao día e contar con sentido común e actitude crítica.

A Amtega pola súa banda informou da publicación de dous guías para facilitar o tele traballo, unha dirixida ás empresas e outra para particulares. Pon a disposición os recursos da administración pública que se poden atopar tanto na páxina do CDTIC, en Faite Dixital, en Mancomún e no Youtube da Amtega pílulas informáticas.

Entre os recursos podemos atopar ferramentas que nos axuden no tele traballo, como por exemplo as que atopamos nesta ligazón . Dende software, antivirus, sistemas de comunicación e outros elementos que nos axuden a desenvolver o noso traballo. Outra páxina que inclúe ferramentas útiles de comunicación é  esta.

Hai outras páxinas onde se poden atopar guías para unha Internet segura:

Axencia Española de Protección de datos: https://www.aepd.es/es/guias-y-herramientas/guias

Centros de Internet Segura: https://www.is4k.es/de-utilidad/recursos

Mancomún: https://www.mancomun.gal/documento/pilulas-para-o-teletraballo/

Información de interese: https://blog.dinahosting.com/tips-para-un-teletrabajo-seguro/?pk_campaign=postaxes&pk_source=twitter&pk_medium=blog&pk_content=tips-para-un-teletrabajo-seguro http://negocio.laceseconomiasocial.com/es/nova/internet-seguro-estas-son-algunas-de-las-gu%C3%ADas-y-consejos-m%C3%A1s-eficaces-para-gestionar-las?platform=hootsuite https://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/2020-03-24/consejos-teletrabajo-desde-casa-coronavirus_2489980/ https://www.ccn.cni.es/index.php/es/actualidad-ccn/602-actualizado-el-informe-de-recomendaciones-de-seguridad-para-situaciones-de-teletrabajo-y-refuerzo-en-vigilancia https://www.ccn.cni.es/index.php/es/docman/documentos-publicos/205-ciberconsejos-consejoscibercovid19/file https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48157/xunta-publica-duas-guias-para-facilitar-teletraballo-pemes-autonomos-cidadans?langId=gl_ES https://cdtic.xunta.gal/sites/default/files/Guia%20Teletraballo_Empresas_def.pdf http://negocio.laceseconomiasocial.com/es/nova/internet-seguro-estas-son-algunas-de-las-gu%C3%ADas-y-consejos-m%C3%A1s-eficaces-para-gestionar-las?platform=hootsuite

http://xornaldevigo.gal/sociedade/46683-destapados-perfis-falsos-en-twitter-adicados-a-transmitir-alarma-social-polo-coranavirus/?fbclid=IwAR3-OBWOKrLfAcOvDKMMTKEwq_iVaTN6sS-6BFmcUCjdwntNfot0sZ5wdTA