Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2018.- PuntoGal, o dominio galego en internet, colabora con dinahosting, un dos rexistradores acreditados de .GAL, na celebración do Samaín. Dinahosting preparou para esta ocasión un concurso de microrrelatos cun texto inicial que terán que continuar os participantes.

O texto en galego é unha colaboración da escritora Rosa Aneiros para PuntoGal. O texto proposto pola autora de autora de Sol de inverno e premio Xerais en 2009, ten formato de mensaxe instantánea cun final aberto. Os internautas terán que continuar a historia onde a deixou a escritora. O concurso terá unha duración de 12 días (do 24 de outubro ó 4 de novembro) a través das redes sociais, Facebook, Twitter e Instagram co cancelo #HalloweenDH. Podedes atopar máis información na web www.dinahosting.gal e en www.asociacion.gal

O concurso conta tamén co apoio doutros dominios, como o .cat e .eus, onde os escritos preséntanse, respectivamente, en catalán e euskera, e irán saíndo dende o día 24. Tamén haberá tres relatos en español. Os gañadores do concurso recibiran varios agasallos por parte da dinahosting (tablets, hosting) e, na versión en galego, un dominio gratuíto e merchandising de PuntoGal. Non perdades a ocasión de participar!

PuntoGal agradece, como sempre, o apoio da sociedade galega a este proxecto común. O dominio é voso.