Publicado por Henrique Neira en Código Cero na edición de Marzo do 2020
 
A Coruña, 31 de marzo do 2020.- Nestes días de confinamento calquera axuda para achegarnos a lingua galega ou apoio das clases en casa é boa, así é que vos presentamos unha guía de recursos en liña onde podedes atopar publicacións dixitáis en galego feita polo noso colaborador Henrique Neira.
Nela hai dende webs onde atopar libros en galego como outros recursos con publicacións na nosa lingua, bibliotecas virtuais, libros e soportes, etc.
Na seguinte ligazón tedes a recopilación de recursos: https://codigocero.com/comoatoparlibrosgalegos.pdf