A Asociación PuntoGal convoca a súa asemblea xeral ordinaria e a asemblea extraordinaria para a celebración de eleccións parciais á súa xunta directiva. A continuación publícanse as ordes do día de ambas convocatorias

O próximo día 9 de xullo de 2019 se levará a cabo a Asemblea Extraordinaria da Asociación.O acto terá lugar no Edificio Cersia, Rúa Alcalde López Pol, s/n, San Lázaro, en Santiago de Compostela.

Orde do día:

  1. Eleccións parciais a cargos da Xunta Directiva
    1. Vicepresidente
    2. Tesoureiro
    3. Vogal 1
    4. Vogal 2
    5. Vogal 4

O próximo día 9 de xullo de 2019 se levará a cabo a Asemblea Ordinaria da Asociación.O acto terá lugar no Edificio Cersia, Rúa Alcalde López Pol, s/n, San Lázaro, en Santiago de Compostela.

Orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
  2. Informe sobre a actividade da Xunta Directiva
  3. Aprobación, se procede, do exercicio económico de 2018
  4. Aprobación, se procede, do orzamento de 2019
  5. Asuntos de trámite
  6. Rogos e preguntas

Hora:

  • 1ª convocatoria: 18:00
  • 2ª convocatoria: 18:30