Cumprindo o acordado na Asemblea celebrada o 20 de decembro de 2016, e de acordo co establecido nos Estatutos de PuntoGal, o presidente da Xunta Directiva convoca eleccións aos seguintes cargos da Xunta Directiva:
  • Presidencia
  • Secretaría
  • Vogal número 3
  • Vogal número 5
O acto electoral celebrarase o día 29 de xuño de 2017, ás 17:30 horas, no Edificio Cersia, rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, San Lázaro, Santiago. O proceso axustarase ás seguintes normas:
  • As candidaturas haberán de recibirse por correo electrónico antes das 24:00 do día 26 de xuño de 2017 no enderezo info@dominio.gal. O prazo para recepción de candidaturas rematará o día 26 de xuño de 2017.
  • Poderán presentarse os/as socios/as segundo o establecido nos estatutos, debendo identificar o nome e DNI da persoa que concorre á candidatura e expresando o posto ou número de vogalía á que se presente.
  • As candidaturas serán proclamadas pola xunta directiva dentro do día seguinte,  27 de xuño de 2017, e publicadas na web da Asociación PuntoGal.
  • Cando só haxa unha candidatura para un posto ou vogalía, será declarada electa automaticamente. En caso de que non se presente ningunha candidatura para un determinado posto ou vogalía, quedará vacante.
Documento de delegación de voto aquí.