Cumprindo o acordado na Asemblea celebrada o 4 de xullo de 2018, e de acordo co establecido nos Estatutos de PuntoGal, o presidente da Xunta Directiva convoca eleccións aos seguintes cargos da Xunta Directiva:
  • Vicepresidencia
  • Tesourería
  • Vogal número 1
  • Vogal número 2
  • Vogal número 4
  O acto electoral celebrarase o día 9 de xullo de 2019, ás 18:00 horas, no Edificio Cersia, rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, San Lázaro, Santiago. O proceso axustarase ás seguintes normas:
  • As candidaturas haberán de recibirse por correo electrónico antes das 24:00 do día 4 de xullo de 2019 no enderezo info@dominio.gal. O prazo para recepción de candidaturas rematará o día 4 de xullo de 2019.
  • Poderán presentarse os/as socios/as segundo o establecido nos estatutos, debendo identificar o nome e DNI da persoa que concorre á candidatura e expresando o posto ou número de vogalía á que se presente.
  • As candidaturas serán proclamadas pola xunta directiva dentro do día seguinte,  5 de xullo de 2019, e publicadas na web da Asociación PuntoGal.
  • Cando só haxa unha candidatura para un posto ou vogalía, será declarada electa automaticamente. En caso de que non se presente ningunha candidatura para un determinado posto ou vogalía, quedará vacante.
Delegación de voto