A feira tecnolóxica organizada por IFEMA remata hoxe

 A directora de SIMO Network, María Valcarce, analiza nunha entrevista de José Luis Vidal en “El Experto Digital”  os obxectivos desta nova aposta da feira tecnoloxíca. Fonte: El Experto Digital. 24/09/2009.

Hoxe é o último dos tres días da nova era SIMO. Baixo o nome de SIMO Network as empresas máis importantes do sector tecnolóxico presentaron as súas últimas propostas para un mercado tocado pola crise ecónomica global nun ámbito estritamente profesional. A directora do salón, María Valcarce, falou con “El Experto Digital” e analizou o inicio da nova aposta da Feira de Madrid. A directora de SIMO Network cre que se lograron os obxectivos marcados.

A feira reorientouse este ano ao público profesional. Cumpríronse as expectativas?

María Valcarce:Logramos un bo resultado de participación con 309 empresas, e a celebración dun bo programa de conferencias e actividades. A feira desenvolveuse nun ambiente profesional e rexistrou un bo nivel de asistencia de modo que, á espera dos datos definitivos de visitas e o feedback final das empresas, eu diría que si logramos os nosos obxectivos. Poderiamos dicir que, dalgunha maneira, SIMO se especializou? SIMO Network dedicouse ao segmento profesional, á tecnoloxía para a empresa. Sen dúbida Windows 7 foi un dos maiores atractivos. Absolutamente de acordo. Ademais a posta en escena de Microsoft é moi atractiva e conseguiron involucrar a máis de 50 empresas partners. É un gran evento dentro de SIMO Network. Non se pode ter contento a todo o mundo. Algunhas voces critican que esta foi unha edición “descafeinada”, unha versión reducida do que fora SIMO, tanto polos contidos como polo espazo dispoñible.

É unha feira para a empresa, rica en contidos e orientada ao contacto profesional. é distinta ás edicións anteriores e cremos que se axusta mellor ás necesidades do mercado. Que lle diría ás empresas que se expoñen a participación nunha próxima edición? Que nos visiten estes días e falen coas empresas participantes este ano. Seguramente o fixeron ou o estarán facendo. Coa implantación que ten actualmente internet no mundo empresarial seguen sendo as feiras un lugar para facer negocios? As feiras ofrecen o contacto real, o establecemento de relacións persoais e creo que os negocios precisan deste elemento agora e sempre. Pensando no vindiero ano? Si, desde logo, non hai tempo que perder.