Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2018.- A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal mostran a súa satisfacción pola boa acollida do concurso de micro-relatos celebrado o pasado mes de febreiro. A cantidade total de textos recibidos foi de 378. O xurado traballa estes días na súa lectura.

Dado o volume de micro-relatos recibido, a organización decidiu pospoñer a resolución do concurso á primeira semana de abril.