Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2017.– O dominio galego en internet celebrou o pasado 2 de decembro o seu terceiro aniversario con 4.300 nomes rexistrados. Fai un tres que o rexistro do .gal está aberto á cidadanía sen restrición, concedéndose por orde de chegada . Entre os dominios rexistrados nestes tres anos figuran institucións públicas e privadas de todo tipo, entidades sen ánimo de lucro, empresas e particulares e puidemos ver que moitos deles xa están a facer as súas comunicacións e publicidade co .gal como apelido. Estes usuarios escollen un .gal para promover a súa marca, salientando o valor engadido de ser galego e facer comunidade, mostrándose como galegos na Internet.

Grazas a tod@s @s que confiaron en nós dende entón seguimos crecendo. O dominio é voso!