A felicitación de Nadal feita por Quattro IDCP para a Asociación PuntoGal foi premiada no Smile Festival O xurado do Festival Europeo de publicidade e humor, Smile Festival , ven de premiar a Quattro IDCP pola súa creatividade desenvolvida para a felicitación de Nadal da Asociación PuntoGal. O Smile Festival chega este ano a súa quinta edición e a entrega de premios terá lugar o próximo 6 de abril en Madrid. Dende a Asociación queremos felicitar a Quattro IDCP polo recoñecemento o seu traballo, que é para nós un orgullo.