Xosé Filgueira Valverde figura homenaxeada este 17 de maio

 O día das letras galegas foi elixido o día 17 de maio pola Real Academia Galega da Lingua xa que coincide coa data de edición de Cantares Galegos, obra  dunha das nosas máis ilustres escritoras, Rosalía de Castro (rosaliadecastro.gal ).
Este ano a Real Academia Galega da Lingua (academia.gal )  decidiu adicar o día das letras galegas a Xosé Filgueira Valverde (filgueiravalverde.gal ). Filgueira Valverde naceu e finou en Pontevedra, sendo unha das figuras centrais na vida cultural galega do século XX. Mantivo unha produción moi extensa que abrangue unha grande variedade de temas. Foi un gran investigador da cultura e a historia de Galicia, con certos eixos temáticos como as cidades de Pontevedra e Compostela e autores como Martín Sarmiento , Rosalía ou Castelao. Grande impulsor das empresas culturais máis destacadas de Galicia, entre as que atopamos o Seminario de Estudos Galegos e o Instituto de Estudios Gallegos \”Padre Sarmiento\” e o gran promotor do Museo Provincial de Pontevedra. fonte: academia.gal