A ICANN comezará a aceptar as solicitudes o 16 de novembro

 Os primeiros enderezos de Internet con caracteres non latinos de principio a fin pronto estarán en liña grazas á aprobación por parte da ICANN dunha vía rápida no proceso de Nomes de Dominios Internacionalizados, informa o propio organismo.
“Esta introdución de caracteres non-latinos representa o mierande cambio técnico da Internet desde a súa creación hai catro décadas”, dixo o presidente do Consello de Administración da ICANN Peter Dengate-Thrush. “Nestes momentos as extensións dos enderezos de Internet están limitadas a caracteres latinos -A a Z- Pero está vía rápida do proceso é o primeiro paso para traer online máis de 100.000 caracteres das linguas do mundo”. Este proceso iniciarase o vindeiro 16 de novembro. Permitirá a estados e territorios solicitar extensións de Internet co seu nome, e con caracteres das súas linguas nacionais. Se as solicitudes cumpren os requisitos, que inclúen o apoio da comunidade e dos goberno e avaliación da estabilidade, os solicitantes poderán empezar a aceptar rexistros. “Este é tan só o primeiro paso, pero é un paso incriblemente importante, un paso histórico cara a internacionalización da Internet”, dixo Rod Beckstrom, Presidente e CEO da ICANN. “Os primeiros países en participar non só proporcionarán información valiosa sobre o funcionamento dos IDNs no sistema de nomes de dominios, senón que tamén van axudar a traer ao mundo online a millóns de persoas que nunca usan os caracteres romanos na súa vida diaria”. Os IDNs (Nomes de Dominio Internacionalizados, polas súas siglas en inglés) son un tema de debate incluso antes da creación da ICANN. A preparación dunha vía rápida para o inicio do proceso levou anos de intensas probas técnicas, desenvolvemento de políticas e cooperación global. “O noso traballo nos IDNs ten pasado por numerosos borradores, ducias de probas, e unha cantidade incrible de traballo de voluntarios desde que comezamos este proxecto. Hoxe é o primeiro paso para avanzar desde a planificación e implementación á posta en marcha real”, declarou Tina Dam, Directora Senior de ICANN para IDNs. “O lanzamento da vía rápida do proceso suporá un enorme  cambio para facer que Internet sexa unha ferramenta aínda máis valiosa para cada vez máis xente de todo o mundo.”