O creador da World Wide Web pide perdón polo uso da dobre barra

Tim Berners Lee, creador da WWW, asegura que iniciou o proxecto da web para axudar aos científicos a comunicarse entre universidades. Entón, crearon un sistema de direccións para comunicar uns puntos con outros a través dos computadores, informa o xorna Público.

As barras inclinadas no comezo dos enderezos de Internet lévanse utilizando desde o nacemento das páxinas web e moitos usuarios da rede considéranas moi molestas. Agora, o home detrás desta creación, desculpouse polo seu uso. Así, sir Tim Berners-Le, o creador da World Wide Web, asegurou que as dúas barras “//” nun enderezo web son en realidade “innecesarias”. En declaracións ao xornal Times, declarou que as direccións poderían deseñarse facilmente para non ter barras diagonais. “Naquel momento, pareceume unha boa idea”. Admite que cando se deseñou a web, hai case 30 anos, non tiña idea de que as barras diagonais en todas as direccións de Internet poderían causar tantos “problemas”. Ademais, recoñece que ter que engadir as dúas barras en todas as direccións supón unha perda de tempo e de espazo.

Berners-Le é actualmente o director do World Wide Web Consortium e está traballando co goberno de Reino Unido para conseguir facer máis accesible os datos gobernamentais nese país.