A Coruña, 29 de marzo de 2019.- A Asociación PuntoGal colabora co Día das Rapazas nas Tic, o vindeiro 25 de abril, como un dos patrocinadores do Concurso #ApuntasTech, organizado polo Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA). ICT-Go-Girls! é un proxecto europeo, cuxa principal obxectivo é capacitar ás nenas da escola secundaria cos coñecementos, habilidades e valores en relación coa innovación e o emprego de calidade nas TIC.

                                    O certame ten como obxectivo principal xerar un catálogo de propostas concretas que axuden a espertar o entusiasmo pola tecnoloxía cara unha vocación tecnolóxica, en rapazas de 10 a 15 anos. Preténdese que a tecnoloxía non sexa só o seu obxectivo final, senón o medio, usando as TICS de forma creativa e transversal.

Ademais, PuntoGal cederalles tres dominios gratuítos por un ano aos centros gañadores. Un dos membros do xurado do concurso será a secretaria da Asociación PuntoGal e enxeñeira de telecomunicación, Edita de Lorenzo.

Esta acción forma parte do programa de colaboracións institucionais no ámbito da tecnoloxía, a lingua e a cultura que está desenvolvendo o dominio.

Animádevos a participar!

  Máis información sobre a iniciativa en: