Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2017.- A Asociación PuntoGal e a Irmandade dos Apañacastañas, xestores do sitio Apalpador.gal asinaron un convenio que ven mostrar a colaboración da Asociación con asociacións culturais e profesionais  para que a cultura en internet teña o apelido .GAL. Haberá varias colaboracións mutuas neste convenio unha delas é que nestes intres o Apalpador está a buscar unha “textiño alternativo” para incorporar no banner do .gal que teñen na súa web, invitando á xente  a participar con premio incluído.

PuntoGal é unha asociación sen ánimo de lucro, que ten como intención reinvestir en programas de promoción da lingua e na rede para a comunidade galega, por iso está levando a cabo convenios con entidades culturais e asociacións profesionais. Este convenio co Apalpador.gal supón un pulo para a asociacións galegas e facerlles máis doado teren a súa web en .GAL.