Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2018.- A Asociación de Enxeñeiros en Telecomunicación de Galicia (AETG) e PuntoGal ampliaron as súas accións de colaboración coa sinatura dun convenio para promover o desenvolvemento do galego mediante o uso e incorporación das novas tecnoloxías das telecomunicacións e contribuír á difusión da cultura da nosa comunidade.

Desta maneira, manteñen o propósito de realizar actividades e proxectos en forma conxunta en asuntos que resulten de interese para ambas as entidades como, por exemplo, a organización de actividades formativas, eventos de interese común, proxectos e publicacións, etc.

Esta acción enmárcase na colaboración institucional que existe dende a creación do dominio entre ambas institucións e no marco do plan de PuntoGal para incentivar o uso do dominio entre colectivos representativos da sociedade galega.

O dominio agracede como sempre o apoio da sociedade galega. O dominio é voso.