Santiago de Compostela, 20 de abril de 2018.- Os representates da comunidade Coruña Hacks e Coruña Developers e PuntoGal ampliaron as súas accións de colaboración coa sinatura dun convenio que lles posibilitará publicar os seus traballos a través dun dominio .gal. Ao mesmo tempo, PuntoGal aparecerá como patrocinador nos eventos desenvolvidos por estas comunidades.

Coruña Hacks é unha comunidade de traballo e aprendizaxe que desenvolve proxectos de software libre, un espazo de traballo periódico onde poder levar a cabo traballos cunha utilidade real. Pola súa banda Coruña Developers é unha comunidade auto-organizada que traballa tamén no software libre con obradoiros abertos e participativos.

Esta acción enmárcase na colaboración institucional que existe dende a creación do dominio entre  institucións e no marco do plan de PuntoGal para incentivar o uso do dominio entre colectivos representativos da sociedade galega.

O dominio agracede como sempre o apoio da sociedade galega. O dominio é voso.