Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2018.- PuntoGal acudíu este ano como patrocinador. a First Lego League, www.firstlegoleague.gal, que é un evento que se ven desenvolvendo hai catro anos pola Universidade da Coruña entre as cidades de Ferrol  e A Coruña. Este ano celebrouse no Auditorio de Caranza o pasado sábado día 17. A Lego League consiste nunha competición de robótica, onde os participantes, de entre 10 e 16 anos, forman grupos para levar a cabo unha actividade en relación co funcionamento dun robot. Os equipos: -realizan un proxecto científico -participan na Competición de Robots con Lego Mindstorms -comparten a información aprendida Hai tamén unha competición para nenos, First Lego League Junior, a partir dos 6 anos, na que tamén presentan un proxecto científico e programan un robot.