A Asociación PuntoGal asinou un acordo de patrocinio da XI Noite da Enxeñería en Informática Galega, que terá lugar mañá vernes, 16 de xuño, en Santiago de Compostela. Esta colaboración co Colexio Oficial de enxeñaría en Informática de Galicia inclúe tamén descontos nos dominios para os membros do CPEIG.

Unha representación da directiva de PuntoGal, encabezada polo seu presidente, Manuel González, acudirá ó Hotel Monumento San Francisco, que acollerá o evento.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017.- A Asociación PuntoGal ven de chegar a un acordo de patrocinio co Colexio Oficial de Enxeñaría en Informática de Galicia.

O 16 de xuño celébrase a XI Noite da Enxeñaría en Informática Galega, da que PuntoGal será un dos patrocinadores.

O evento celebrarase no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela e a acudirán unha ampla representación do sector TIC de Galicia. O actor Xosé Touriñan será o mestre de cerimonias e tamén haberá unha actuación do conocidísimo mago Juán Tamariz.

Esta colaboración da Asociación PuntoGal co CPEIG achegará aos enxeñeiros e enxeñeiras un desconto no rexistro dos dominios .gal. Trátase dunha das iniciativas de colaboración que esta a levar a cabo a Asociación seguida por outras con diferentes asociacións profesionais e culturais galegas.

PuntoGal agradece, como sempre, o apoio da sociedade galega a este proxecto común traballando porque sexa de todos e todas. O dominio é voso.