Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2019.- Cumprindo o acordado na Asemblea celebrada o 4 de xullo de 2018, e conforme co establecido nos Estatutos da Asociación PuntoGal, o presidente da asociación proclama as candidaturas definitivas aos cargos electos da Xunta Directiva:
- Vicepresidencia: Camilo Regueiro López
- Tesourería: Marcos Fernández Otero
- Vogal número 1: Antón Gómez Méixome
- Vogal número 2: Javier Fernández Fraga
- Vogal número 4: Manuel Bermejo Patiño
Seguindo as premisas da convocatoria, dado que só houbo unha candidatura para posto ou vogalía, esta foi declarada electa automaticamente.