Fallados os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2015

 O Colexio Oficial  e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia ven de fallar os seus premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
Entre as diferentes categorias este ano se concede a Asociación PuntoGal o Premio Socio de Honra pola súa contribución á visibilidade, na Rede, da lingua, a cultura e a identidade de Galicia. Os premios serán entregados nunha gala que terá lugar antes de rematar o ano na Illa de A Toxa.