Proxecto Trasno nova entidade adherida a Asociación Puntogal Dámoslle a benvida a Proxecto Trasno como novo membro da Asociación PuntoGal. O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta de voluntarios que ten como fin cívico a localización de software libre ao galego e o apoio aos tradutores. O proxecto nace no ano 2000 e dende o 2009 formalízase como unha asociación de promoción e difusión de software libre adaptado ás necesidades e requirimentos lingüísticos dos galegos.