PIONEIROS

Co obxecto de garantir a estabilidade e funcionamento do dominio abriuse un período no que un grupo reducido e significativo de dominios estivo dispoñible para a sociedade galega.

Para isto desenvolveuse o Programa Pioneiros que ofreceu aos reservadores de dominios .gal a posibi-lidade de rexistrar e comezar a usar o dominio uns catro meses antes do perío-do de rexistro xeral. Tales nomes de dominio chamáronse Nomes Pioneiros. O uso activo e positivo dos Nomes Pioneiros .gal ofreceu aos reservadores unha oportunidade única de estaren entre os primeiros en dar a coñecer os seus produtos ou servizos á comunidade da cultura galega e ao mundo, fomentando ao mesmo tempo un interese e unha expectación no público ao redor do dominio .gal, e favorecéndose da publicidade propia deste programa.

Tras un rigoroso proceso de selección definiuse unha relación de 93 nomes pioneiros que estiveron accesibles na Internet antes da apertura do dominio .gal en decembro de 2014.

Todos
Empresas
Entidades sen ánimo de lucro
Administracións públicas